08/04/2025
O pasado 25 de marzo, o Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais converteuse nun punto de encontro para demostrar que a tecnoloxía e a economía social poden avanzar da man, impulsando innovacións sostibles que sitúen ás persoas e ao ben común no centro do desenvolvemento empresarial.
Participantes:
-
Covadonga Toca, Directora Xeral do IGAPE.
-
Fran Otero, representante de Idearia Soluciones S. Coop. Galega, con ampla experiencia en proxectos de economía social e tecnoloxía.
-
María Bastida, investigadora de LIESGA, impulsora de iniciativas que conectan a universidade co sector cooperativo
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024-2025 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía social.